A luz tamén ten a súa historia: A Fábrica da Luz

A Fábrica da Luz é unha das primeiras infraestruturas hidroeléctricas construídas en Galicia. Levándonos a principios do século XX, entre os anos 1914-1916, cando se construíu "A canle vella" para canalizar a auga do río Mao e vertela na coñecida como A Fábrica da Luz. Converténdose nun fito tecnolóxico, social e arquitectónico da zona.

A empresa que o construíu chamábase La Gallega, pasando despois a propiedade de Unión Fenosa. En tempos, subministraba electricidade a Monforte e á capital de Ourense, así como ás localidades desta parte da Ribeira Sacra.

A súa construción deu emprego a un gran número de veciños das parroquias da zona, estando plenamente operativo ata ben entrado o século XX. Quedando en desuso tras a construción da “canle nova”, a nova canalización que hoxe descarga directamente no Sil. En 2011, por iniciativa do Concello de Parada del Sil recupérase este Patrimonio Industrial para convertelo nun lugar de ocio e formación. Este traballo foi realizado pola Arquitecta Paisaxista Isabel Aguirre, Premio Nacional de Arquitectura Manuel de Dehesa en 1997. Recuperando este testemuño da cultura industrial para prestar servizos de:

  • Albergue Turístico
  • Cantina
  • Sala Multiusos
  • Formación Ambiental
  • Actividades de Turismo Activo

Esta tarefa corre a cargo da Sociedade concesionaria Tempo Sacro, que ten como misión contribuír á conservación, difusión e posta en valor dos recursos patrimoniais, culturais e ambientais da zona.

Esta entrada ten un comentario

Comentarios cerrados.