Experiencia enoturística
Coñece e goza da viticultura heroica da Ribeira Sacra, viñedos cultivados en ladeiras imposibles que marcan a historia desta comarca.
A elaboración destes viños, así como o cultivo da vide, foi introducido polos colonizadores romanos nestas terras hai máis de dous mil anos. Posteriormente foron os monxes cristiáns os que asumiron esta actividade e hoxe a súa produción segue a ser o motor económico da comarca.
A Denominación de Orixe Ribeira Sacra foi creada en 1997 e conta cunha superficie de máis de 1.500 hectáreas dedicadas a viñedo, o que supón máis do 5% do total do territorio galego destinado á elaboración de viño. A Ribeira Sacra divídese en cinco subzonas de cultivo: Chantada, Ribeira do Miño, Amandi, Ribeira do Sil e Quiroga Bibei.
Na elaboración de viños destacan as variedades Mencía, Brancellao e Merenzao para os tintos e Godello, Albariño e Treixadura para os brancos. Son principalmente viños novos, aínda que tamén se producen tintos criados. Moi preto da Fábrica da Luz, nas adegas onde se cultivan os heroicos viñedos de Parada de Sil, pódense gozar de diferentes experiencias que transmiten toda a historia e o futuro do viño na Ribeira Sacra.
Para máis información e reservas, infórmate en:
BODEGA RONSEL DO SIL : 988 984 923 · 685 877 740 · www.ronseldosil.com
BODEGA CARLOS CANEIRO: 646 009 744 · www.bodegacaneiro.com
BODEGA PONTE DA BOGA: 988 203 306 · www.pontedaboga.es
