Entorno Natural… un río
A Fábrica da Luz está situada no Canón do Río Mao, no corazón da Ribeira Sacra. Rodeada de castiñeiros, carballos, freixos, sobreiras, abeleiras, viñedos... Un marco marabilloso onde descansar, realizar actividades de turismo activo e gozar do patrimonio natural e histórico da zona. As instalacións atópanse a carón do río Mao, un dos principais afluentes do Sil, que baixa da serra de San Mamede e discorre por pequenas fervenzas e estreitos pasos, creando pequenas pozas onde gozar dun baño. Tamén é un río perfecto para gozar da pesca deportiva, sen morte, en todo o tramo que hai na nosa contorna.
Dende A Fábrica da Luz comeza a ruta da pasarela do río Mao, unha ruta curta pero espectacular. Unha obra da paisaxista Isabel Aguirre, que percorre unha impresionante pasarela de madeira que te levará ata a desembocadura do río Sil. Onde hai unha pequena praia natural e o fermoso pobo de Barxacova. Ademais, pode ser o punto de partida de excursións a diferentes puntos de interese próximos, como rutas de sendeirismo, sepulcros antropomorfos de San Vito de Barxacova, como visitar adegas, o patrimonio románico e outros puntos de interese.