Rutas de sendeirismo

Dende o albergue A Fábrica da Luz parten dúas rutas circulares. A Ruta do Canón do Río Mao, circular de 16,5 km e homologado pola FEDME, é a PRG-177 e a tamén homologado e circular Ruta da Teixeira, PRG-224.

A PRG 177: é unha ruta circular arredor do canón do Mao (afluente do Sil) no que o camiñante pode gozar da natureza salvaxe na que se adentra por bosques autóctonos. Pero tamén é un percorrido no que te atoparás con diferentes fitos emblemáticos da arquitectura industrial de principios do século XX, como as instalacións do propio albergue, a antiga canle, a canalización,... Tamén poderás descubrir vestixios do nosos antepasados como as tumbas antropomórficas de S. Vitor de Barxacova, ponte das Conceliñas,... e rematar a ruta camiñando pola coñecida pasarela do Mao. Unha ruta moi completa para pasar o día descubrindo o Mao e o Sil, dende Ribeira ata a montaña.

Deixámosvos o enlace de wikiloc co camiño completo.

Para os que non estean tan en forma, este percorrido pódese facer máis curto. Sería unha circular que tamén parte de A Fábrica da Luz, chega aos túmulos de S. Vítor e baixa por San Lourenzo polos viñedos de San Adrián. A distancia é de 5km e a dificultade media-alta, debido ao gran desnivel.

Se estás interesado en ir acompañado dun guía local que poida explicar a historia e a cultura desta ruta máxica, non dubides en contactar connosco. Orzamentamos para grupos pequenos e para grupos grandes.

Dende A Fábrica da Luz ofrecemos os seguintes servizos:

  • Servizo de información e mapas de rutas.
  • Servizo de guías para grupos.
  • Servizo de duchas.
  • Servizo de picnic.

Para máis información póñase en contacto con info@afabricadaluz.com