Cantina A Fábrica da Luz

Home  >>  Instalacións  >>  Cantina A Fábrica da Luz

Cantina.

A Fábrica da Luz conta cun espacio dedicado para dar servizo de cantina tanto os alberguistas como os visitantes que veñen a gozar do marabilloso entorno do cañón do Río Mao. Sendo un espazo orientado para que  o visitante poida descansar gozando das bebidas e alimentos típicos da zona: viño, mel, marmeladas, queixos, embutidos, bicas, empanadas, castañas, cogomelos, carnes… Para iso, en cada época do ano ofrecemos o Menú de Tempada, ofrecendo os nosos clientes un menú con alimentos propios da época na que nos encontramos.

O espazo tanto da cantina coma do comedor está situado na torre da Antigua Central Hidroeléctrica, onde se encontraban os transformadores, elementos de regulación, control, protección. A súa capacidade é de 28 persoas. Tamén, A Fábrica da Luz ofrece servizos de comida e ceas (baixo reserva) tanto no comedor interior, como no exterior, debaixo de castiñeiros ó lado do Río Mao. Os pratos ofertados serán elaboradas co maior porcentaxe posible de productos locais e de tempada.