Rutas Kaiak

Home  >>  Actividades e Servizos  >>  Rutas Kaiak

Paseos en Kaiak

A desembocadura do río Mao é unha zona espectacular para a práctica de  Kayak. Na Fábrica dá Luz temos servizo de aluguer de kaiaks para gozar dunha xornada polos canóns do Sil, outro xeito singular de pasear entre os canóns. Tanto nenos coma adultos poden gozar dun paseo tranquilo empezando a ruta na desembocadura do Río Mao para a poucos metros de distancia adentrarse  no canón do Sil, onde nos esperarán unhas espectaculares vistas dos viñedos da nosa tan aclamada Viticultura Heroica.